AVALIACIÓN CONTINUA: Oportunidade ordinaria: A materia avalíase de forma continua, mediante unha proba que trata os aspectos teóricos, a elaboración dun proxecto e a resolución de exercicios de programación en linguaxe C. A docencia impártese en castelán e en galego. O enunciado das probas será en castelán. A proba teórica realízase no período de exames no horario establecido pola Escola. Requírese obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 e ten un peso do 30% no total da materia. A presentación e o seguimento do proxecto realízase nas sesións tipo B e C. Na primeira parte do proxecto (que terá un peso do 25% da nota final) o alumnado traballa con periféricos básicos e avalíase valorando as tarefas desenvolvidas no laboratorio. Na segunda (25 % da nota final), trabállase con periféricos máis avanzados e avalíase baseándose na memoria que o alumnado entrega ó finalizar a materia (40%) e na valoración por parte do profesorado do traballo individual desenvolvido (60%). Despois de que un alumno/a se presenta ás tres primeiras prácticas (tipo B ou C) transcorrido o primeiro mes desde o comenzo das clases considérase que opta pola opción de avaliación
continua e, a partires dese momento, constará como presentado na
convocatoria. Os exercicios de programación en linguaxe C serán propostos e correxidos en sesións de tipo A. O peso sobre a nota final é dun 20%. Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% da máxima nota da proba teórica, dos exercicios e do proxecto, e obter unha cualificación global (CG) mínima de 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula: CG = 0,3*CT + 0,5*CP + 0,2*CE (1) CT = nota de teoría, CP = nota do proxecto (sumando a aportación das dúas partes), CE = nota dos exercicios. No caso de non superar algunha das actividades, a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula: CG2= Mínimo{4.9, CG} Donde CG obtense de aplicar a fórmula (1). Oportunidade Extraordinaria: ten o mesmo formato ca primeira oportunidade, o alumnado debe repetir a/as partes que teña suspensas: examen, proxecto e exercicios. AVALIACIÓN GLOBAL E CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: O alumnado que non participe na avaliación continua, avalliaranse mediante un exame final, que será o mesmo que terán que superar os alumnos/as de avaliación continua. A avaliación da parte práctica da materia realízase mediante un exame de prácticas no laboratorio, durante o período dos exames finais. A duración do exame será de 2 horas. O exame presentará exercicios de programción en linguaxe ensamblador e linguaxe C. O peso da cualificación do exame de prácticas sobre a cualificación global é do 70%. Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% do máximo de cada proba. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación CG de polo menos 5, na seguinte fórmula: CG = 0,3*CT + 0,7*CP (2) CT = nota do exame de teoría, CT = nota do exame de prácticas. No caso de non superar algunha das probas, a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula: CG2= Mínimo{4.9, CG} Donde CG obtense de aplicar a fórmula (2) NOTA IMPORTANTE: O/a estudante que queira optar pola avaliaición global debe solicitalo de forma expresa, contactando co profesorado da materia mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame. |