A materia pode aprobarse seguindo a modalidade de avaliación continua ou avaliación única. Os alumnos que se presenten a algunha das probas de avaliación continua non poden ser avaliados como "Non presentado" e non poderán optar pola modalidade de avaliación global. Avaliación continua O peso e contido de cada unha das probas de avaliación continua son as seguintes: 1.- Traballo 1 (35%): Consistirá na presentación de 2 prácticas-proxecto (especificado durante curso e baixo a forma de prácticas proxecto). Levarase a cabo nas sesións do laboratorio. 2.- Traballo 2 (25%): Consistirá nunha presentación dun proxecto completo, no que se fará uso de modelos baseados en servizos telemáticos. Levarase a cabo na última sesión de laboratorio. 3.- Exame de preguntas de desenvolvemento (40%): Abarcará todos os contidos do curso. Os traballos 1 e 2 terán unha única nota para todos os membros do grupo. É obrigatorio obter en cada parte da avaliación continua un mínimo do 50% da valoración nos traballos 1 e 2. No examen de preguntas será preciso sacar un 40% da puntuación máxima. Avaliación global Consistirá nunha proba escrita na que todo o contido do curso poderá ser incluído. O alumno poderá alcanzar a nota de 10 con esta opción. Adicionalmente á proba escrita, os alumnos que se presenten a este exame final deberán levar a cabo un proxecto análogo ao Traballo 2. Estes traballos deberán ser orixinais. Oportunidade extraordinaria e Convocatoria fin de carrera Seguirán as mesmas consideracións que a avaliación global. En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos |