Seguindo
as directrices propias da titulación, cada estudante disporá de dúas oportunidades
de avaliación (ordinaria e extraordinaria) para aprobar a materia. A súa vez,
na oportunidade ordinaria, disporá de dous procedementos de avaliación
(continua e global). Oportunidade ordinaria Durante o primeiro mes, os e as
estudantes deberán indicar se cursan a materia seguindo a avaliación continua
ou global. Quen siga a avaliación continua non se poderá considerar "non
presentado" unha vez que se realice a entrega do primeiro cuestionario ou
tarefa. Avaliación continua A nota final (NF) da materia
calcularase como a media xeométrica ponderada das notas obtidas nas
probas de resolución de problemas (RP), nos informes de prácticas (IP), durante
a observación sistemática (OS) e pola realización do proxecto (P), seguindo a
seguinte fórmula: NF = RP^0.3*IP^0.2*OS^0.1*P^0.4. Para superar o curso é preciso que
NF sexa maior ou igual que 5. Ademais, como resultado da aplicación da media xeométrica
ponderada, non se pode ter un cero nalgunha das partes para poder superar a
materia. Avaliación globalQuen opte pola avaliación global
deberá presentar adicionalmente un dossier onde se inclúan
todos os detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente
do traballo tutelado, xa que non será posible realizar a proba de avaliación observación sistemática. Durante o primeiro mes do curso, o profesorado notificaralles
aos/ás estudantes que opten pola avaliación global se deben realizar o traballo
de forma individual ou en grupo. A nota final (NF) da materia
calcularase como a media xeométrica ponderada das notas obtidas na proba de resolución de problemas (RP), nos informes de prácticas (IP), no
dossier sobre a realización de tarefas (DT) e pola realización do proxecto (P),
seguindo a seguinte fórmula: NF = RP^0.3*IP^0.2*DT^0.1*P^0.4. Para superar o curso é preciso que
NF sexa maior ou igual que 5. Ademais, como resultado da aplicación da media xeométrica
ponderada, non se pode ter un cero nalgunha das partes para poder superar a
materia.
Oportunidade
extraordinaria Aplicarase o mesmo sistema de avaliación ca no caso da avaliación global na oportunidade ordinaria. Os/as estudantes que seguisen a avaliación continua durante o curso poden optar por manter as notas das partes
que tivesen superadas na oportunidade ordinaria ou descartalas.
Convocatoria de fin de carreira
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación ca no caso da avaliación global na oportunidade ordinaria.
Outros
comentarios
As puntuacións obtidas só son
válidas para o curso académico en vigor.
Aínda que o traballo tutelado se
desenvolverá (na medida do posible) en grupos, levarase un seguimento continuo
da actividade realizada por cada alumno ou alumna dentro do grupo. No caso de
que o rendemento dun alumno ou alumna non sexa acorde co do seu grupo, considerarase a súa expulsión do mesmo e/ou poderá ser
avaliado ou avaliada de forma individual nesta parte. O uso de calquera material durante
a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo equipo docente. No caso de detección de plaxio
nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de
"suspenso (0)" e feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |