Avaliación Ofrecerase ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global. AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua da materia consistirá en: - Catro exercícios puntuables relacionados coas prácticas de laboratorio, de 30 minutos de duración cada unha, no horario das clases de laboratorio. Estas probas contarán un 40% da nota final.
- Un proxecto puntuable realizado en grupo nas horas tipo C, que contará un 20% da nota final. A nota individual de cada alumno poderase ponderar usando os resultados de avaliacións cruzadas realizadas o largo do curso.
- Proba de contidos sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais e de laboratorio. Terá lugar nas datas que especifique a Escola. O obxectivo desta proba é coñecer o nivel de comprensión por parte do estudantado dos catro temas desenvoltos no curso. A proba constará de exercicios e preguntas a contestar en dúas horas, podendose utilizar libros, as notas de clase maxistral e de laboratorio, e os materiais depositados adicionalmente en Moovi. Esta proba contará un 40% da nota final.
A cualificación final será calculada por agregación ponderada (40%, 20% e 40%, respectivamente) das cualificacións de laboratorio, proxectos en grupo e proba de contidos. En todo caso a superación da materia requirirá que a cualificación na proba de contidos supere o nivel de 25 puntos sobre 100. De non superarse ese nivel, a calificación final sería o mínimo entre a agregación ponderada e 4.5. Ningunha destas probas é recuperable, e a súa cualificación poderá ser conservada ao longo do presente curso académico. A cualificación final vén determinada nun 60% polas probas efectuadas ao longo do curso. Só se considerará obrigatoria a asistencia á proba de contidos Os contidos e o peso de cada proba de avaliación continua son os seguintes: Análise de Fourier mediante DFT. Filtrado adaptativo. Procesado multitaxa e bancos de filtros. - Proxecto: (20%) Aplicación práctica dos contidos do curso.
A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. AVALIACIÓN GLOBAL Quen quera renunciar á avaliación continua, poderá presentarse a un exame final único que terá lugar o mesmo día da proba de contidos especificada anteriormente. Previamente á realización do exame, se deberá asinar un formulario no que expresamente se renuncia ao procedemento de avaliación continua. Esta exame terá unha duración de 3 horas e constará de 5 exercicios sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais, de laboratorio, e de titoría especializada, nas mesmas condicións especificadas para a devandita proba de contidos. Convocatorias Oportunidade ordinaria para aprobar a materia (Decembro-Xaneiro) Para quen supere a materia neste período, a súa nota será definitiva e pasará a formar parte do seu expediente académico. Para quen non supera a materia, farase unha anotación provisional de suspenso no seu expediente coa nota obtida. Figurará como Non Presentado quen non se presente a proba de contidos. Oportunidade extraordinaria para aprobar a materia (Xuño-Xullo) En xuño-xullo só se realizará a proba de contidos, ou no seu caso o exame final, para quenes non aprobaran a materia en primeira oportunidade. Se alguén quere renunciar á avaliación continua nesta convocatoria, poderá presentarse ao exame final. Previamente á realización do exame, deberá asinar un formulario no que expresamente renuncia ao procedemento de avaliación continua. Figurará como Non Presentado quen xa estivese nesta situación tralo primeiro período de avaliación e non realizase a proba correspondentes a este segundo período. Os suspensos provisionais pasarán a ser definitivos para quen non se presente á proba de contidos, ou ao exame final no seu caso, deste segundo período. Convocatoria fin de carreira O estudantado deberá presentarse a unha proba de conteidos polo 100% da calificación. Esta exame terá unha duración de 3 horas e constará de 5 exercicios sobre toda a materia desenvolta nas clases maxistrais. |