Tema |
Subtema |
Tema 1. Introdución |
Introdución e revisión dos conceptos básicos de transmisión-recepción e consideracións xerais sobre os circuítos transmisores-receptores. Arquitectura básica dun sistema de comunicacións dixitais. Diferentes realizacións hardware e software: ASIC, DSP e FPGA. |
Tema 2. Sistemas de comunicación por cable |
Introdución aos sistemas de comunicación serie. Medio de transmisión, sinais e codificación de bit. Circuítos transceptores. Métodos de acceso ao medio. |
Tema 3. Sistemas de comunicación serie asíncrona |
Protocolos de comunicación serie asíncrona. Normas e realizacións prácticas. |
Tema 4. Sistemas de comunicación serie síncrona |
Protocolos de comunicación serie síncrona. Normas e realizacións prácticas. |
Tema 5. Sistemas de comunicación serie síncrona de alta velocidade |
Protocolos de comunicación serie síncrona de alta velocidade. Tecnoloxías diferenciais. Normas e realizacións prácticas. |
Tema 6. Sistemas de comunicación sen fíos |
Protocolos de comunicación sen fíos. Características das redes inarámicas. Configuracións das redes inarámicas de radio frecuencia e infravermellos. |
Tema 7. Sistemas de comunicación sen fíos de curto alcance |
Protocolos de comunicación inarámica de curto alcance e baixo consumo. Redes WPAN. Características e análises das redes inarámicas de sensores e atuadores. Normas e realizacións prácticas. |
Tema 8. Sistemas de identificación por radio frecuencia. Comunicacións de campo próximo |
Tecnoloxía RFID. Comunicacións de campo próximo. Normas e realizacións prácticas. |
Laboratorio |
Contidos prácticos e proxecto. |
Bloque 1. Circuítos de comunicación serie asíncrona por cable |
Deseño, realización e verificación dun circuíto de comunicación serie asíncrona. Circuítos transceptores. |
Bloque 2. Circuítos de comunicación serie síncrona por cable |
Deseño, realización e verificación dun circuíto de comunicación serie síncrona. Mecanismos de extracción de reloxo. |
Bloque 3. Circuítos de comunicación sen fíos |
Deseño, realización e verificación dun circuíto de comunicación sen fíos. Configuración e utilización de módulos de comunicacións. |
Bloque 4. Proxecto: Deseño e realización dun sistema de comunicacións digixitais |
Deseño, realización e verificación dun sistema de comunicacións dixitais sinxelo aplicando os conceptos teórico-prácticos aprendidos. |