Prácticas con apoio das TIC |
O alumnado traballará cunha ferramenta de deseño de circuítos integrados, mediante a cal levará a cabo os pasos máis importantes na definición e comprobación do deseño físico dun circuíto integrado a medida. Realizarase un control de asistencia e aproveitamento de cada sesión.
Software empregado: Electric e LTSpice.
Nestas sesións traballaranse as competencias C43 e B13 |
Aprendizaxe baseado en proxectos |
Estableceranse grupos de traballo que levarán a cabo o deseño físico e comprobación dun circuíto composto por compoñentes pasivos e dispositivos activos. Disporase de grupos pequenos (C), que permitirán realizar un seguimento do desenvolvemento dos proxectos. Realizarase un control de asistencia. As actividades a desenvolver nos grupos C son:
- Debate acerca de posibles solucións e alternativas de deseño.
- Análise e seguimento da solución proposta para o proxecto.
- Demostración dos circuítos deseñados no proxecto. Presentación, análise e debate de resultados.
Nestas sesións traballaranse as competencias C43, B6, B9, B13 e D4 |
Presentación |
Cada grupo deberá realizar unha presentación pública do proxecto que levou a cabo, e someterse ás preguntas da audiencia (profesorado e alumnado da materia).
Nestas sesións traballaranse as competencias C43, B6, B9 e D4 |