Seguindo as directrices propias da titulación, ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global. A avaliación continua comprenderá a realización de tres probas: dous exames parciais (35% da cualificación global cada un deles) e un proxecto consistente na configuración dunha centralita telefónica IP básica (30% da cualificación global). En calquera caso, para poder aprobar a materia será necesario obter polo menos un 3 (sobre 10) en cada unha das probas. Quen supere os cinco puntos na cualificación global pero non alcance este mínimo nalgunha das probas, será cualificado cun SUSPENSO (4.9). A cualificación do proxecto dependerá tanto da funcionalidade e prestacións da centralita IP desenrolada (60%) como das respostas a un exame práctico a resolver individualmente por cada membro do grupo (40%). Ningunha das tres probas é recuperable e só terán validez para o curso actual. Quen desexe optar pola avaliación global será avaliado mediante un único exame escrito sobre todos os contidos da materia ao remate do cuadrimestre. A cualificación final da materia será, neste caso, a nota obtida no devandito exame. Considerarase que opta pola avaliación continua a quen se presente ao primeiro exame parcial ou entregue o proxecto proposto. Considerarase presentado á convocatoria só a quen se presente ao segundo exame parcial (ou ao exame final no caso de que optase pola avaliación global). No caso de detección de copia en calquera das tres probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Se non se aproba a materia despois da oportunidade ordinaria, deberá realizarse, para a oportunidade extraordinaria, un exame escrito, que versará sobre tódolos contidos da materia. Para esta oportunidade, poderase manter a nota obtida no proxecto, coa mesma ponderación que na oportunidade ordinaria. Na convocatoria de fin de carreira a avaliación consistirá na realización dun único exame escrito, que versará sobre tódolos contidos da materia. A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. |