Resolución de problemas de forma autónoma |
O alumno resolverá de forma autonoma os exercicios do boletin non realizados nas horas presenciais. As dúbidas xurdidas acordaranse e poderán exporse ao titor nas horas normais de tutoría.
Esta metodoloxía esta orientada as competencias CG4 e CE28.
|
Traballo tutelado |
Traballo en grupo. Presentaranse varios traballos teóricos e prácticos a desenvolver, entre os cales cada grupo debe elixir un. Na clase tipo C, exporase a cada grupo os obxectivos do traballo, ferramentas hardware e software a usar, forma de acometelo e realizarase un seguimento a cada grupo.
Esta metodoloxía esta orientada a adquisición das competencias CG4, CG6, CE28, CT2 y CT3.
|
Prácticas de laboratorio |
Traballo en grupo. O grupo desenvolverá unha ou duas prácticas no laboratorio, enfocadas tanto a madurar e levar a práctica os contidos teóricos, como a mellorar a súa capacidade para o desenvolvemento e/ou implantación de redes e servizos seguros.
Esta metodoloxía esta orientada as competencias CG6, CE28, CT2 y CT3. |