Actividades introdutorias |
Presentación da materia: programa, bibliografía, metodoloxía docente e sistema de avaliación.
Competencias desenvolvidas: B3, B5, C13, D3, C48, C49 |
Lección maxistral |
Exposición por parte do profesorado dos conceptos principais de cada tema, fomentando a discusión crítica. Se explican as bases teóricas de algoritmos e procedementos usados para resolver problemas.O alumno debe tomar como referencia de contidos de exame os que se indican no documento guía de cada tema.
Traballo persoal posterior do alumno repasando os conceptos vistos na aula e ampliando os contidos tomando como referencia os documentos de apuntamentos de cada tema.
Identificación de dúbidas que precisen ser resoltas en titorías personalizadas.
Competencias desenvolvidas: B3, B5, C13, D3, C48, C49
|
Resolución de problemas |
Exposta unha determinada situación, o alumno debe obter a solución adecuada dunha forma razoada, elixindo correctamente as fórmulas aplicables e chegando a unha solución válida.
Os alumnos resolven os problemas previamente á clase, na cal, participarán activamente.
Identificación de dúbidas que precisen ser resoltas en titorías personalizadas.
Competencias desenvolvidas: B3, B5, C13, D3, C48, C49 |
Prácticas con apoio das TIC |
Manexo e axuste de ferramentas de análises e algoritmos, identificando cales usar en cada situación exposta.
Identificación de dúbidas que requiran ser resoltas en tutorías personalizadas.
Competencias desenvolvidas: B3, B5, C13, D3, C48, C49 |
Foros de discusión |
A web da materia enhttps://moovi.uvigo.gal está incluída na plataforma de teledocencia Tema. A subscrición a esta plataforma, incluíndo unha fotografía é de carácter obrigatorio. Na web, está accesible toda a información relacionada coa materia; publícanse as notas da avaliación continua e créanse foros para que os alumnos intercambien ideas e comenten dúbidas sobre a materia.
Competencias desenvolvidas: B3, B5, C13, D3, C48, C49 |