O cálculo da nota final realizarase considerando as notas das tres probas de avaliación intermedia previstas (P1, P2 e P3, respectivamente) e a nota do exame final (EX), todas nunha escala de 0 a 10. A partir das notas das tres probas de avaliación intermedias calcularase a súa contribución (P) á nota final como: P = V1*P1 + V2*P2 + V3*P3 sendo V1 =0.15 se P1 >= 5, V1 = 0 noutro caso V2 =0.2 se P2 >= 5, V2 = 0 noutro caso V3 =0.25 se P3 >= 5, V3 = 0 noutro caso A nota final (F) obterase como: F =min( 10, P + EX*(10-P)/(10-0.3*P) ) se EX>=3.5 F = min( 4, P + EX*(10-P)/(10-0.3*P) ) se EX < 3.5 A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre. Estas probas non son recuperables, é dicir, se un/ha estudante non pode realizalas no momento en que teñan lugar, o profesorado non ten obrigación de repetilas. En cada proba intermedia avaliaranse conceptos expostos na materia desde o seu inicio ata a semana anterior á súa realización, inclusive. Obviamente, para o alumnado que opte por avaliación global, a cualificación final será directamente a do exame final. Consideraranse presentados á convocatoria por evaluación continua (A.C) todolos/as estudantes que realicen algunha das tres probas de avaliación intermedia previstas e non renuncien á A.C. nun prazo establecido polo profesorado; este prazo será como mínimo dun mes e estará comprendido dentro do período entre a publicación das notas da primeira proba avaliación intermedia e a realización da terceira. Para o alumnado que curse a materia por A.C., aquelas probas de avaliación ás que non se presente serán calificadas con cero puntos. A nota das probas de avaliación intermedia (P) conservarase para a oportunidade extraordinaria ao alumnado que se presente ao exame final de dita oportunidade, pero non para cursos posteriores, sendo de aplicación as mesmas regras anteriormente descritas. Para a convocatoria de fin de carrera realizarase un exame que dará lugar ao 100% da nota. En caso de detección de copia en calquera das probas (probas de avaliación intermedia ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |