Liñas de transmisión |
Familiarización con algunhas das liñas de transmisión máis utilizadas: bifilar, coaxial, par trenzado.
Circuíto equivalente de parámetros distribuídos, ecuacións xerais, parámetros característicos (impedancia característica, velocidade de propagación, constantes de atenuación e de fase).
Atenuación e dispersión.
Liña de transmisión en circuíto (coeficiente de reflexión, razón de onda estacionaria, impedancia de entrada).
Carta de Smith. |
Guías de ondas e fibra óptica |
Guías metálicas: modos de propagación, frecuencia de corte, banda monomodo, atenuación e dispersión.
Fibra óptica: estrutura e tipos, apertura numérica e cono de aceptación, atenuación e dispersión, fontes e receptores ópticos. |
Ondas de radio e antenas |
Características das ondas de radio: campo lonxano, integral de radiación.
Concepto de antena e parámetros fundamentais (diagrama de radiación, nivel relativo de lóbulo secundario, ancho de feixe, directividade, ganancia, polarización, impedancia).
Recepción: balance de potencia en condicións de espazo libre (ecuación de Friis), factor de perdas de polarización.
Agrupamentos de antenas. |