Establécese un procedemento de avaliación continua (EC) baseada en exames parciais de teoría e de prácticas de laboratorio, pero o alumnado pode optar alternativamente por unha avaliación global (EG).
Considérase que o alumnado opta por EC desde o momento en que asiste o primeiro exame parcial, xa sexa de teoría ou de prácticas de laboratorio. O alumnado poderá renunciar á EC e optar pola EG ata a data na que se realice o primeiro exame parcial de prácticas de laboratorio (despóis do primeiro mes lectivo).
Os alumnos que opten pola modalidade de EC terán dúas oportunidades de avaliación, a ordinaria e a extraordinaria.
A EC divídese nunha parte de teoría (70% de nota final) e outra de prácticas de laboratorio (30% da nota final). A planificación dos diferentes exames publicarase nun calendario compartido e estará dispoñible ao comezo do cuadrimestre .
A nota final da avaliación continua obtense da seguinte forma:
NF = (NT*0.7 + NP*0.3) se as notas de todos os parciais de teoría e prácticas son maiores ou iguais a 4 puntos sobre 10 e NF é maior ou igual a 5;
NF = min [(NT*0.7 + NP*0.37), 4.9] noutro caso
Na data do exame final poderanse recuperar os exames parciais suspensos, tanto de teoría como de prácticas.
1.2 Oportunidade extraordinaria de EC:
O alumnado que non supere un ou máis dos exames parciais da oportunidade ordinaria pode recuperalos na extraordinaria.
A cualificación final obtense do mesmo xeito que na oportunidade ordinaria.
2. Avaliación global:
O alumnado que opte por EG terá dúas oportunidades de avaliación, a ordinaria e a extraordinaria.
En ambos os casos a avaliación consistirá en dous exames, un da parte teórica da materia cun peso de 70% e outro da parte práctica de laboratorio cun peso do 30%.
A nota final da avaliación global obtense da seguinte forma:
NF = (NT*0.7 + NP*0.3) se NT e NP son maiores ou iguais a 4 puntos sobre 10 e NF é maior ou igual a 5;
NF = min [(NT*0.7 + NP*0.3), 4.9] noutro caso.
3. Avaliación de fin de carreira:
A avaliación de fin de carreira será igual á descrita para o caso de avaliación global.
Outros comentarios:
- Calquera outra información/recomendación respecto da organización da materia será publicada na páxina web da materia.
- Durante os exames os dispositivos electrónicos intelixentes han de estar apagados e fóra do alcance do alumnado.
- En caso de detección de plaxio en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.