=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Das metodoloxías descritas na Guía docente, manterase as actividades introdutorias, clases maxistrais e prácticas co apoio das TIC.
* Metodoloxías docentes que se modifican
As prácticas de laboratorio hardware, se non se poden realizar de xeito persoal, serán substituídas por actividades que se desenvolverán virtualmente.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Todas as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos, ben de xeito asíncrono (foros e mensaxería das plataformas de teledocencia, ou o correo electrónico) ben mediante videoconferencia, neste caso baixo a modalidade de concertación previa
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non é necesario modificar os contidos.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Poñeranse a disposición dos estudantes pílulas didácticas e propostas de traballo autónomas. Organizaranse sesións específicas para que o alumnado teña axuda do profesorado para a resolución das tarefas propostas.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
As probas xa realizadas de xeito presencial manterán o seu peso invariable.
* Probas pendentes que se manteñen
As probas pendentes tipo A (ECA) e tipo B (ECB) manteranse e poderanse agrupar se é necesario por motivos de organización e coordinación.
* Probas que se modifican
A proba prevista na sesión práctica de laboratorio substituirase por actividades virtuais que se propondrá ao estudantado. |