O alumnado, conforme ao calendario escolar, terá dúas oportunidades no curso académico para superar a materia: 1. Oportunidade ordinaria ao finalizar o cuadrimestre. O alumnado pode optar libremente polo sistema de avaliación continua descrito na sección anterior, sen que iso exclúa a posibilidade de realizar un exame final. Casos posibles: - Alumnado que só se presente ao exame final: cualificarase coa puntuación obtida nel (de 0 a 10 puntos).
- Alumnado que segue a avaliación continua: cualificarase coa suma de todas as puntuacións, truncada en 10:
Nota = min (ECA1 + ECA2 + ECA3 + Bonus + PG , 10)
2. Oportunidade extraordinaria. O alumnado que non superou a asignatura ao final do cuatrimestre pode realizar un exame final extraordinario que abarcará a totalidade dos contidos da asignatura, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de
problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A puntuación obtida no mesmo (entre 0 e 10) será a cualificación final, substituíndo á agregación das notas das probas de avaliación continua e o exame final de avaliación continua. O alumnado que seguira a avaliación continua poderá decidir, o mesmo día do exame, conservar ou non a súa nota de avaliación continua do mesmo xeito que no exame final de primeira oportunidade. Convocatoria de fin de carreira: Realizarase un exame que abarcará a totalidade dos
contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e poderá
incluir probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de
problemas e/ou exercicios, así como o desenvolvemento de casos prácticos. A
puntuación obtida no mesmo (entre 0 e 10) será a calificación
final. Comentarios adicionais:
- O alumnado deberá asistir ás prácticas no grupo que se lles asignara ao comezo do cuadrimestre.
- Todas as notas da avaliación son individuais.
- A realización das probas ECA2 ou sucesivas de puntuación e/ou calquera dos exames finais suporá que o alumno/a terá unha cualificación diferente á de "Non presentado".
- A cualificación obtida en avaliación continua só terá validez para o curso académico en que se realice.
- A materia considerarase aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.
Recuperación. As probas e os exames non son recuperables. É dicir, se o alumno non pode realizalos nas datas previstas, o profesor non ten obrigación de habilitar outras datas para a súa realización. Resultados das probas. Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo (xeralmente en menos de tres semanas desde a realización da proba). Copia En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Uso da Intelixencia Artificial Xerativa Na realización das actividades
académicas desta materia permítese o emprego de intelixencia artificial xerativa (IAX). O seu uso debe realizarse de forma ética, crítica e responsable.
No caso de utilizar IAX, deberase evaluar de forma crítica calquera resultado
que proporcione, e verificar de forma cuidadosa calquera cita ou referencia xerada. Recoméndase declarar, de ser o caso, o uso das ferramentas
empregadas. |