O cálculo da nota final (F) por avaliación continua (A.C.) realizarase a partir das notas obtidas no traballo tutelado polo conxunto do grupo (TG), en dúas probas de avaliación intermedias relacionadas co traballo tutelado(T1 e T2), nunha proba de avaliación intermedia relacionada con contidos dos primeiros temas da materia (P1) e no exame final (EX). En tódalas notas considérase unha escala de 0 a 10. As tres probas de avaliación intermedias realizaranse a título individual. A nota correspondente ao traballo tutelado (TR) calcularase como TR= min(10, 0.7*TG*W+ 0.3*(T1+T2)/2) onde W é un factor de ponderación, normalmente de valor 1, que se explica máis adiante. Unha nota completamente individual (NI) calcularase como NI= max(EX, 0.8*EX+0.2*P1) e a nota final como F=0.5*TR+0.5*NI se TR>=4 e NI>=4 F=min(4, 0.5*TR+0.5*NI ) se TR < 4 ou NI < 4 Para aprobar será necesario que F>=5. Como se indica no cálculo da nota final, se as notas TR o NI non alcanzan un catro, F será 4 como máximo. A nota TG obterase a partir da valoración das entregas correspondentes ás tarefas asignadas e dunha presentación final realizada polo conxunto do grupo ao profesor na derradeira reunión de grupo C, con preguntas aos seus diferentes membros. A nota TG ponderarase co factor W en función dos resultados das avaliacións cruzadas e a valoración do profesor sobre a contribución do estudante ao traballo en grupo. Normalmente o factor de ponderación será de 1, reservándose os valores menores que 1 para o alumnado que entorpeza o funcionamento do grupo ou demostre unha deficiente participación ou comprensión nas tarefas do traballo tutelado. Así mesmo, o profesor poderá premiar ao estudantado que destaque notablemente pola súa contribución ao traballo do grupo cun factor de ponderación de ata 1.2, especialmente se xurdiron imprevistos no funcionamento do grupo. A non asistencia, salvo causa xustificada, á presentación final do traballo en grupo implicará que W=0. En caso de ausencia xustificada, o/a estudante deberá contactar co profesor tan pronto como sexa posible para realizar unha entrevista na que demostre os seus coñecementos sobre o traballo realizado en conxunto polo grupo. O exame final conterá un grupo de cuestións relacionadas coas tarefas do traballo tutelado para o estudiantado que optase pola avaliación global. A nota correspondente a este grupo de cuestións considerarase como TR. A nota correspondente ao grupo de cuestións restantes considerarase como NI. A partir de TR e NI calcularase a nota final F de acordo coas expresións descritas anteriormente para A.C. Na oportunidade extraordinaria de avaliación realizarase unicamente un exame final, aínda que o estudantado, escollese A.C. ou avaliación global, poderá optar antes de iniciar o exame por manter a nota TR ou NI da oportunidade ordinaria se esta foi de polo menos un catro, e responder unicamente o grupo de cuestións correspondentes á parte cuxa nota non desexa manter. En calquera caso o alumnado debe ser consciente da influencia desta decisión na súa nota final. A convocatoria de fin de carreira consistirá nun examen final cunha única serie de cuestións (sen grupos diferenciados) relativas a calquera contido da asignatura. Neste caso a nota final F será directamente a nota do exame. Co obxecto de non prexudicar aos seus posibles compañeiros/as de grupo, cada estudante terá que decidir nun prazo non superior a un mes dende o inicio do cuadrimestre se segue ou non o procedemento de avaliación continua. Unha vez seleccionado o método de A.C., o/a estudante considérase presentado a efectos de avaliación na oportunidade ordinaria. En casos excepcionais, tales como causas xustificadas de longa duración que impidan o seguimento da A.C. ou a realización de probas esenciais de avaliación dentro do período previsto, o profesor valorará se procede permitir ao estudante o cambio de A.C. a avaliación global ou o considerarlle non presentado a efectos de avaliación. As probas de avaliación non son recuperables en caso de inasistencia, salvo que non se puidesen realizar por algunha das causas xustificadas recollidas na normativa da Universidade. A asistencia ás reunións de grupo C, correspondentes ao traballo tutelado, é obrigatoria no caso de cursar a materia por A.C. Non se tolerará o plaxio parcial ou total en ningunha das probas ou traballos que, considerando as circunstancias concorrentes, poderá chegar a sancionarse cun SUSPENSO (0) como cualificación final da materia no curso actual e comunicarse á dirección do Centro para os efectos oportunos. A solución a calquera posible incoherencia, discrepancia ou diferenza de interpretación que poida xurdir desta guía docente, así como a calquera erro ou caso non considerado na mesma, tratarase de solucionar entre o profesor e o estudantado directamente afectado e, de non chegarse a un acordo, trasladarase a cuestión ás instancias superiores competentes. |