Para as oportunidades ordinaria e extraordinaria de avaliación poderase escoller entre avaliación continua ou avaliación global. O estudantado que opte por avaliación global deberá notificalo por escrito no prazo de un mes dende o inicio das clases da materia. As convocatorias de fin de carreira serán por avaliación única. As datas e aulas das probas escritas serán as que aprobe e publique a Comisión Académica de Grao da Escola. En caso de detección de copia en calquera das probas, a cualificación final será de suspenso (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. 1. Avaliación continuaComprenderá a realización de varias tarefas semanais, a preparación e execución das prácticas de laboratorio, e a realización de dúas probas de avaliación parcial. 1.1 Tarefas semanaisAo longo do curso, encargarase a execución de varias tarefas individuais e a entrega dos seus correspondentes informes escritos. As tarefas semanais non serán recuperables. Pola correcta realización destas tarefas poderase obter ata o 10% da cualificación final da materia. 1.2 Prácticas de laboratorioRealizaranse catro sesións de prácticas de laboratorio en grupos de duas persoas, que serán cualificados individualmente. As prácticas de laboratorio non serán recuperables. Pola correcta preparación previa e execución das prácticas de laboratorio poderase obter ata o 10% da cualificación final da materia. 1.3 Probas de avaliación parcialRealizaranse dúas probas escritas individuais de avaliación parcial, nas que se poderá obter ata o 40% da cualificación final da materia en cada unha delas. Estas probas poderán recuperarse na oportunidade extraordinaria de avaliación. - Primeira proba parcial: avaliaranse os contidos impartidos ata a data da proba.
- Segunda proba parcial: avaliaranse o resto dos contidos que non foron incluídos na primeira proba parcial.
2. Avaliación globalConsistirá nunha proba escrita individual con preguntas teóricas, problemas e exercicios que avaliarán tódolos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos. |