Seguindo
as directrices propias da titulación, ao alumnado que cursen esta materia
ofreceráselles dous sistemas de avaliación: avaliación continua (AC) e avaliación global (AG). Considérase que un/unha estudante opta pola EC cando asiste a máis de dúas prácticas de laboratorio. En ningún caso a cualificación final dun/dunha estudante que opta por AC poderá ser de "Non presentado". Con todo, poderase renunciar á AC e optar pola AG, previa solicitude por correo electrónico, nun prazo máximo dun mes antes da finalización do cuadrimestre. 1.- Avaliación continua A avaliación continua, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria, consiste nun exame teórico, un conxunto de prácticas de laboratorio, a realización dun traballo teórico-práctico (proxecto) e a presentación do devandito traballo. A planificación das diferentes probas e entregas de AC publicarase nun calendario compartido e estará dispoñible ao comezo do cuadrimestre. 1.1 Exame teórico ( NExam):
O
exame teórico incluirá os contidos de todos os temas teóricos da materia e
realizarase ao final do cuadrimestre. O peso deste exame será de 2 puntos sobre
10. 1.2 Prácticas de
laboratorio ( NPrac):
As
prácticas de laboratorio realizaranse en grupos preferiblemente de dous
estudantes. Para a avaliación das prácticas valorarase o traballo realizado no
laboratorio e a entrega dun informe final de prácticas. O peso desta actividade
será de 3,5 punto sobre 10. O traballo no laboratorio valorarase de forma
individual e representará o 60% da nota de prácticas. O 40 % restante
corresponderá á memoria e será a mesma para todos os integrantes do grupo de
prácticas. As prácticas teñen carácter obrigatorio. Para optar a unha nota de prácticas o alumnado debe asistir como mínimo ao 80 % das prácticas. 1.3 Traballo
teórico-práctico ( NPro):
O
traballo teórico-práctico realizarase en horas tipo B e C. Realizarase en grupos de dous ou máis
estudantes. Como resultado do traballo entregarase unha memoria e o sistema
implementado. O peso desta avaliación
é de 4 puntos sobre 10.
No
traballo teórico-práctico ao alumnado asignaránselles tarefas individuais e
conxuntas. As tarefas individuais terán un peso do 60% da nota do traballo e as
conxuntas o 40%. A nota correspondente ao 40% será a mesma para todos os
integrantes do grupo. 1.4 Presentación oral do traballo teórico-práctico (NPre): O alumnado deberá presentar os resultados do traballo teórico-práctico. O peso desta avaliación é de 0,5 puntos sobre 10. A presentación dos traballos será ao final do cuadrimestre, na mesma data do exame teórico. 1.5 Cualificación final
(Nota_final):
A
cualificación final da avaliación continua obtense da seguinte forma:
Nota_final
= (0.2* NExam + 0.35* NPrac + 0.4* NPro + 0.05*NPre) se
Nexam, NPrac e NPro son maiores ou iguais a 4 e Nota_final é
maior ou igual a 5;
Nota_final
= min[(0.2* NExam + 0.35* NPrac + 0.4*
NPro + 0.05*NPre), 4.9] noutro caso.
O
alumnado que non supere algunha das avaliacións parciais na oportunidade ordinaria, terá a posibilidade de
repetila na oportunidade extraordinaria. Neste caso o alumnado serán avaliados só da/das
parte/s que teñan suspensa/s (exame teórico, prácticas de laboratorio e/ou
proxecto). A nota que obteñan na oportunidade extraordinaria substituirá á anterior. 2.- Avaliación global e
convocatoria de fin de carreira O alumnado que opte pola avaliación global ou se presente á convocatoria de fin de carreira deberán superar dous exames, un exame teórico de todos os temas da materia e un exame práctico. 2.1 Exame teórico (NExam_G):
O
exame teórico poderá incluír preguntas de resposta curta, problemas, e/ou
exercicios de deseño de sistemas. 2.2 Exame práctico (NPra_G):
O
exame práctico consistirá na proba final en hardware dun sistema
que o/a estudante deberá deseñar e simular previamente de forma autónoma. Unha
semana antes da data que se estableza para o exame o/a estudante deberá entregar
unha memoria do traballo realizado e os resultados de simulación. Durante o
exame práctico o/a estudante validará o sistema deseñado no hardware.
Tanto
o exame teórico como o práctico terán un peso do 50% da nota final. 2.3 Cualificación final
(Nota_final_G):
A
cualificación final da avaliación global e da convocatoria de fin de carreira obtense da seguinte forma:
Nota_final_G
= (0.5* NExam_G + 0.5* NPrac_G) se Nexam_G
e NPrac_G son maiores ou iguais a 4 e
Nota_final_G é maior ou igual a 5;
Nota_final_G
= min[(0.5* NExam_G + 0.5* NPrac_G), 4.9]
noutro caso. O alumnado que opten por avaliación global e non superen a materia na oportunidade ordinaria, terán outra posibilidade na oportunidade extraordinaria. Neste caso só serán avaliados de/das parte/s que teñan suspensa (teoría e/o práctica). 3.- Outros comentarios - O alumnado poderá responder o
exame, redactar os seus informes, traballos ou presentacións en castelán,
galego ou inglés. - As notas obtidas na
avaliación continua ou na avaliación global só son válidas para o curso
académico actual. - Non se permite o uso de
libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos ou computadores en
ningún exame presencial. Os teléfonos móbiles deben apagarse e estar fora do alcance do
alumnado. - En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de suspenso (0) e o profesorado comunicarao á dirección da escola para que tome as medidas que considere oportunas.
- En caso de detección de
plaxio ou abandono dalgún membro dun equipo de traballo, a súa cualificación
será "suspenso (0)" e non computará na cualificación do resto do
grupo.
|