A avaliación da materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben avaliación global. Un alumno elixiría avaliación continua se se presenta ao exame escrito (Ep) que terá lugar cara á metade do cuadrimestre, e nunca antes da finalización do primeiro mes. As porcentaxes expresadas no epígrafe anterior só reflicten o máximo alcanzable en cada tipo de proba na modalidade de avaliación continua; e son só indicativos. A forma de avaliación detallada exprésase a continuación: Para a avaliación continua, a nota final será a media xeométrica ponderada entre a nota do traballo tutelado (T) e a cualificación correspondente ao conxunto de probas de resposta (Y). A nota Y calcúlase como a media aritmética entre a nota do exame final (Ef) e a nota do exame parcial (Ep). Y = ½×(Ef + Ep) NOTA FINAL= T^0,4×Y^0,6 Os alumnos opten por avaliación global deberán presentarse a un exame final que constará de dúas partes: unha proba teórica análoga á proba final da avaliación continua (Ef) e un traballo práctico individual (T). A nota final, neste caso, é a media xeométrica ponderada entre a proba teórica e o traballo práctico. Finalmente, as probas da oportunidade extraordinaria e da convocatoria fin de carreira terán as mesmas características que o exame final que acabamos de describir, coa excepción de que os alumnos poderán herdar a nota dunha das partes (Ef ou T) se esta foi superada. No caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado ás autoridades académicas para os efectos oportunos. Durante a realización das actividades académicas desta materia, permítese o uso de ferramentas de intelixencia artificial xerativa (IAX). O seu uso debe facerse de forma ética, crítica e responsable. No caso de utilizar IAX, debe avaliarse, de xeito crítico, calquera resultado que proporcione, e verificar coidadosamente calquera cita ou referencia xerada. Recoméndase declarar o uso das ferramentas empregadas. |