Prácticas de laboratorio |
Durante as horas de titoría os docentes realizarán unha atención personalizada ben de forma individual para
fortalecer ou orientar ao alumno na comprensión dos conceptos teóricos explicados nas clases maxistrais ou
nas sesións demostrativas de carácter práctico; e para corrixir ou reorientar os pequenos traballos prácticos
opcionais derivados das devanditas clases de laboratorio, ou ben en grupo co seguimento do traballo
asociado ao proxecto de certa envergadura que deben realizar con outros compañeiros. Nestas titorías en
grupo que teñen un compoñente de presencialidade obrigatorio (aproximadamente unha hora cada 15 días)
debateranse as solucións suscitadas polos compoñentes do grupo e revisarase e estimulará o feito de que
exista unha participación uniforme deles no desenvolvemento final.
Poden solicitarse titorías seguindo as indicacións das páxinas de perfís dos profesores de prácticas da materia:
* Miguel Rodríguez Pérez: https://moovi.uvigo.gal/user/profile.php?id=11314 |
|