A materia componse dunha parte teórica e unha parte práctica. Cada unha delas se valorará con 5 puntos, debendo sacar polo menos un 2,5 en cada parte para aprobar a materia. Seguindo as directrices propias da titulación se ofrecerá ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de evaluación: evaluación continua (EC) e evaluación global (EG). EC: - O alumnado segue a EC por defecto, pero poderá renunciar á mesma en calquera momento. - A parte teórica vale 5 puntos e consta de dous exames (E1 e E2), o primeiro realizarase durante o cuadrimestre e o segundo durante o período oficial de exames (cada un aporta 2,5 puntos). Para superar a parte teórica esixirase un mínimo de 1 punto en cada un dos dous exames teóricos para facer unha media co outro. Ademais, o resultado da devandita media debe alcanzar os 2,5 puntos. Adicionalmente, o alumnado que siga a EC poderá recibir ata 1 punto extra en función de actividades realizadas en clase e/ou na plataforma MOOVI (só en primeira oportunidad da EC) . En caso de aprobar os exames teóricos (mais de 2,5 puntos), esa nota engadirase íntegramente á nota do alumno. En caso de obter mais de 2 puntos, engadirase só a metade da nota extra. Con menos de 2 puntos, non se engadirá nada. Finalmente, a nota da parte de teoría se axustará a 5 si o resultado fose superior. - A parte práctica vale 5 puntos e consta de varias prácticas e un exame práctico. - A práctica 1 vale 0,5 puntos, pódese entregar en calquera momento ao longo do mes de outubro. O alumnado deberá corrixir os erros atopados, momento no que obterá a cualificación indicada. - A práctica 2 valorará 2 puntos e poderá entregarse ata uns días antes do exame práctico (a data exacta será comunicada no seu momento). Despois da entrega, o alumnado deberá corrixir os erros identificados polo profesorado ata que a práctica funcione correctamente, dispoñendo ata o prazo indicado anteriormente. Unha vez obtida a aprobación do profesorado, o alumnado obterá a cualificación indicada. A corrección dos erros atopados polo profesorado nas prácticas 1 e 2, en función do seu número e importancia, poderá dar lugar a unha penalización na cualificación final da materia. - O resto das prácticas (cuxo número se establecerá ao comezo do curso) terán un valor de 2,5 puntos e poderán entregarse desde que se obteña a aprobación do profesorado para a práctica 2, e ata o remate das clases, ou unha data posterior sinalada no seu momento. Estas prácticas iranse avaliando a medida que se vaian entregando, sen posibilidade de corrixir os erros observados. - Proba práctica: O día do exame realizarase unha proba práctica para comprobar que o alumnado ten un dominio axeitado do código entregado. EG: O alumnado que non optase por EC deberá realizar un exame final de 5 puntos e entregar as prácticas 1 e 2 antes de rematar as clases (con posibles modificacións especificadas no seu momento). O alumnado deberá corrixir os erros detectados polo profesorado ata obter o seu visto e prace (coa penalización anteriormente descrita en función da súa importancia). Despois podes entregar o resto das prácticas, sempre antes de rematar as clases. Ademais, tamén debe realizar a proba práctica. Superación da materia: Tanto no caso de EC como de EG, para superar a materia, o alumnado deberá obter polo menos 2,5 puntos en cada parte (teoría e práctica). No caso de non superar a nota mínima nalgún dos apartados, a puntuación obtida pola suma de ambas as partes axustarase a 4,9 puntos no caso de superar o dito valor. Oportunidade extraordinaria: O alumnado deberá realizar o mesmo exame teórico descrito no caso do EG, entregar as prácticas que se especifican (publicadas durante o mes de marzo), e realizar a proba práctica xa descrita. No caso de suspender só unha das partes na primeira oportunidade, a nota da outra conservarese de cara á convocatoria de segunda oportunidade con estas condicións: - A práctica conservarase se na teoría se obtuvo polo menos un 1,5 sobre 5. - A teoría conservarase se se presentaron as prácticas e se aprobaron (o suspenso deriva de non ter superado o exame práctico). Convocatoria de fin de carreira: Terá as mesmas características que a oportunidad extraordinaria. As prácticas poderán sufrir modificacións ou incorporar funcionalidades adicionaies que se comunicarán no mes de xullo. En principio, ningunha das notas obtidas nas dúas partes na primeira e segunda oportunidades se conservan para esta convocatoria. Unha vez publicadas as prácticas desta convocatoria, o profesorado do seguinte curso decidirá e informará oportunamente sobre si se conservan ou non as notas obtidas nas anteriores convocatorias. En caso de detección de plaxio en calquera das probas, a calificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para que surta os efectos oportunos. |