1. Oportunidade ordinaria (avaliación continua) Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase ao alumnado que curse esta materia un sistema de avaliación continua. Quen se presente a algunha das probas de resolución de problemas e/ou exercicios ou de prácticas de laboratorio considerarase que opta pola avaliación continua. Quen non se presente a ningunhas desas probas considerarase que renuncia á avaliación continua e poderá presentarse á avaliación global. Os estudantes que seguiran a avaliación continua e non aproben a materia poden presentarse á avaliación global. Quen non siga a avaliación continua e non se presente á avaliación global terá a consideración de "non presentado". 1.a Probas de autoavaliación O profesorado avaliará a realización das tarefas de autoavaliación propostas, obtendo o alumnado unha valoración de 0 a 10 (AE). A nota final das probas de autoavaliación (NAE) será: NAE = 0,05*AE 1.b Teoría Realizaranse 3 probas teóricas (test e/ou cuestións e/ou exercicios) debidamente programadas ao longo do curso (PT1, PT2 e PT3). O calendario destas probas será aprobado na CAG e publicarase ó principio do cuadrimestre de impartición da materia. A PT1 será sobre os temas 1 e 2 (bloque 1), a PT2 sobre os temas 3, 4 e 5 (bloque 2) e a PT3 sobre os temas 6, 7 e 8 (bloque 3). Estas probas avaliaranse de 0 a 10 e a nota final será a media (NPT -> Nota Proba Teórica): NPT = (NPT1 + NPT2 + NPT3)/3 Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 3 puntos en cada unha destas probas (NPT1 >= 3, NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3). A nota final de teoría (NT) será: NT = 0,7*NPT As probas non son recuperables, é dicir, que se alguén non pode asistir o día en que estean programadas o profesorado non ten obrigación de repetilas. A nota das probas ás que falte será de 0. 1.c Práctica A asistencia ás clases prácticas non é obrigatoria. Realizaranse 2 probas prácticas debidamente programadas ao longo do curso. O calendario destas probas será aprobado na CAG e publicarase ó principio do cuadrimestre de impartición da materia. Estas probas avaliaranse de 0 a 10 e a nota final das prácticas (NP) será: NP = 0,25*[(NP1 + NP2)/2] As probas prácticas non son recuperables, é dicir, que se alguén non pode asistir o día en que estean programadas o profesorado non ten obrigación de repetilas. A nota das probas ás que falte será de 0. 1.d Nota final da materia Para poder aprobar a materia débese obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 en teoría (NT >= 2,8) e en prácticas (NP >= 1). Tamén é necesario obter un mínimo de 3 puntos sobre 10 en cada unha das 3 probas teóricas (NPT1 >= 3, NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3). A nota final (NF) será: Si NT >= 2,8 e NP >= 1 e NPT1 >= 3 e NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3 => NF = NAE + NT + NP Si NT < 2,8 ou NP < 1 ou NPT1 < 3 ou NPT2 < 3 ou NPT3 < 3 => NF = min {4,5; NAE + NT + NP} 2. Oportunidade ordinaria (avaliación global) Quen non opte pola avaliación continua ou saque unha nota final menor que o 5 (suspenso) na avaliación continua, poderá presentarse a un exame final. O exame final terá unha parte teórica e outra práctica. A parte teórica realizarase nas datas que estableza a xefatura de estudos da Escola e consistirá nunha proba que poderá ter preguntas tipo test e/ou cuestións e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Esta proba teórica dividirase en 3 partes, unha por cada bloque especificado no apartado 1.b. Cada parte avaliarase de 0 a 10 e a nota final de teoría (NT) será a nota media multiplicada por 0,7. Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 3 puntos en cada unha das partes (NPT1 >= 3, NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3) e un mínimo de 4 puntos sobre 10 en teoría (NT >= 2,8). O exame práctico realizarase no laboratorio correspondente, onde se impartiron as clases de prácticas, nas datas que estableza a xefatura de estudos da Escola e consistirá nunha proba práctica que se avaliará de 0 a 10 e a nota final de prácticas (NP) será a nota da proba multiplicada por 0,3. Para poder aprobar a materia débese obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame práctico (NP >= 1,2). Por motivos de organización dos grupos de exame, o profesorado da materia abrirá un prazo para que o alumnado que se queira presentar ao exame final se inscriba. Só poderán presentarse ao exame final quen se inscribiu en tempo e forma de acordo ás normas indicadas polo profesorado. Os alumnado que optara pola avaliación continua e suspendera e se presente ao exame final, pode facelo só á parte teórica ou á práctica ou ás dúas. Conservaráselles a nota que saquen na avaliación continua da parte á que non se presenten sempre e cando obtivesen os mínimos marcados no proceso de avaliación continua. Quen se presente á parte teórica poderá realizar os bloques que considere oportunos. Conservaráselles a nota de avaliación continua (NPT1, NPT2 e NPT3) dos bloques que non fagan. Se non se presentan á parte práctica, recalcularase a nota de prácticas (NP) da avaliación continua multiplicando por 0,3 en vez de por 0,25. A nota final da materia será: Si NT >= 2,8 e NP >= 1,2 e NPT1 >= 3 e NPT2 >= 3 e NPT3 >= 3 => NF = NT + NP Si NT < 2,8 ou NP < 1,2 ou NPT1 < 3 ou NPT2 < 3 ou NPT3 < 3 => NF = min {4,5; NT + NP} 3. Oportunidade extraordinaria Constará dunha parte teórica e outra práctica co mesmo formato que a avaliación global. O alumnado que se presente a esta oportunidade pode facelo só á parte teórica ou á práctica ou ás dúas. Conservaráselles a nota que saquen na convocatoria ordinaria (avaliación continua ou global). Quen se presente á parte teórica poderá realizar os bloques que considere oportunos. Conservaráselles a nota da convocatoria ordinaria (avaliación continua ou global) dos bloques que non fagan. O cálculo da nota final desta oportunidade realizarase como se explica no apartado 2. A nota final da materia será a mellor da obtida na oportunidade ordinaria e extraordinaria. Por motivos de organización dos grupos de exame, o profesorado da materia abrirá un prazo para que quen se queira presentar á oportunidade extraordinaria se inscriba. Só poderá presentarse á oportunidade extraordinaria quen se inscribiu en tempo e forma de acordo ás normas indicadas polo profesorado. 4. Convocatoria de fin de carreira Esta convocatoria será idéntica á convocatoria de oportunidade extraordinaria. 5. Validez das cualificacións As cualificacións das partes teórica e práctica da materia serán válidas só para o curso académico nas que se obteñen. No caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e este feito será comunicado á dirección dol Centro para os efectos oportunos. |