A avaliación será preferentemente continua. O alumnado que se presente a algunha sesión de avaliación quedará inscrito, automaticamente, na avaliación continua. Unha vez inscrito non poderá darse de baixa neste tipo de avaliación.
As probas da avaliación continua non son recuperables, é dicir, se o alumnado non pode cumprilas nas datas estipuladas, o profesorado non ten a obriga de repetirllas. Antes da realización de cada proba indicarase tanto a data aproximada de publicación das cualificacións obtidas (polo xeral unha semana) coma o procedemento e a data de revisión das mesmas. A puntuación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.
Nas probas da avaliación continua o alumnado resolverá problemas e exercicios dos temas da materia.
A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuatrimestre.
1. Avaliación continua.
A nota final do alumnado que siga a avaliación continua obtense mediante a fórmula
N = C + E
C: Nota obtida ao sumar as notas das tres sesións avaliativas dos temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6.
E: Nota do exame final dos temas 4, 5 e 6.
Nesta modalidade estará aprobado cando N sexa maior ou igual que 5.
2. Avaliación global.
Aquel alumnado que non siga a avaliación continua, poderase presentar a un exame final de todos os temas da materia na mesma data que a do exame final da avaliación continua.
Nesta outra modalidade serán avaliados de 0 a 10 puntos e estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.
3. Oportunidade extraordinaria.
No día do exame de recuperación, o alumnado que elixiu avaliación continua, poderá optar, se así o desexa, por un exame dos temas 4, 5 e 6. A nota final obtense como
NR = C + ER
C: Nota obtida ao sumar as notas das tres sesións evaluativas dos temas 1, 2, 3, 4, 5 e 6.
ER: Nota do exame final de recuperación dos temas 4, 5 e 6.
Nesta modalidade estará aprobado cando NR sexa maior ou igual que 5.
En caso de non elixir esta opción, ou de non poder facelo por mor da non participación na avaliación continua, o exame de recuperación será de todos os temas da materia.
Nesta outra modalidade será avaliado de 0 a 10 puntos. Estará aprobado cando a nota do seu exame sexa maior ou igual que 5.
4. Cualificación de non presentado.
Finalmente, o alumnado considerarase non presentado se non se inscribe na avaliación continua e non se presenta a ningún dos exames da materia. En caso contrario considérase presentado e polo tanto recibirá a nota que lle corresponda.