Descrición xeral |
A materia aborda a utilización de polímeros reciclados e biocompostos poliméricos en fabricación aditiva, co obxectivo de reducir a dependencia de recursos virxes e promover a xeración de aplicacións máis sostibles. Ademais, explorarase o potencial dos polímeros funcionais para mellorar a eficiencia enerxética e desenvolver solucións innovadoras. Así mesmo, estudaranse as melloras en eficiencia e sustentabilidade na xeración de enerxía a través da fabricación aditiva con metais, achegando coñecementos sobre as súas aplicacións en turbinas, xeradores e sistemas de almacenamento enerxético, entre outros. |