Avaliación continua (será o sistema de avaliación
preferente): Consta de diversas probas que se desenvolverán ao longo do periodo
de impartición da docencia, e dunha proba escrita que se realizará
na data oficial de exame, tal como se indica na táboa anterior, na que se
recolle a porcentaxe de cada proba na cualificación final. Como resumo: - Autoavaliación: 20%
- Informe de prácticas: 10%
- Defensa do proxecto realizado: 40%
- Exame escrito: 30%
- O alumnado que siga o procedemento de avaliación contínua deberá participar obrigatoriamente na totalidade das actividades indicadas anteriormente, sendo a súa cualificación final a suma das puntuación sacadadas en cada unha das probas, coa ponderación recollida na táboa anterior. Para superar a avaliación continua da materia deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. - Nos casos excepcionais nos que un alumno ou alumna non poida participar nalgunha sesión puntual das actividades anteriores, o profesorado acordará co/coa estudante unha actividade ou proba alternativa, que lle permita continuar co desenvolvemento da materia sen detrimento no procesode avaliación.
- O alumnado que deba acollerse á segunda oportunidade da avaliación conservará a cualificación obtida nas probas de autoavaliación e nos informes de prácticas (30%), pero deberán realizar un exame escrito con preguntas obxectivas que avaliarán os contidos teóricos da materia. (30% da nota final) e realizar a presentación do proxecto (40%). O exame terá lugar na data oficial que estableza o centro.
Avaliación Global: Aqueles/as alumnos/as que non desexen acollerse ao procedemento de avaliación continua, deberán seguir o procedemento de renuncia a avaliación continua establecido pola dirección da EEI, cumprindo os prazos fixados polo centro. Neste caso, tanto na primeira como na segunda edición, a avaliación realizarase mediante un único exame escrito (50 % da nota final) e a defensa dun proxecto integral de análise, deseño, fabricación e caracterización (50 % da nota final) seleccionado entre os propostos polo profesorado. A proba realizarase nas datas oficiais que estableza o profesorado. centro. Para superar a avaliación global, deberán acadar unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
Convocatoria
Extraordinaria: realizarase segundo o sistema de
avaliación global anteriormente descrito, na data oficial determinada polo centro.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado, de acordo co código ético da Universidade de Vigo e da EEI. Segundo o artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, acualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe doestudantado da Universidade de Vigo, (Aprobado no claustro do 18 de abril de2023): "A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicaráa cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación daconvocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre acualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo dasposibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse". AVISO: No caso de discrepancia ou inconsistencia na información contida nas distintas versións lingüísticas desta guía, prevalecerá a versión editada en castelán.
|