Ofrecerase a quen cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua (EC) e avaliación global (EG). O estudantado que desexe renunciar á avaliación continua (elección por defecto), deberá comunicarllo ao profesorado nun prazo non superior a dous meses dende o comezo das clases. As notas das probas da avaliación continua só son válidas para a convocatoria ordinaria do ano académico en curso. As probas da avaliación continua non son recuperables, é dicir, se alguén non pode realizalas, o profesorado non ten a obriga de repetirllas (salvo casos debidamente documentados). Na avaliación continua a cualificación final non poderá ser "non presentado". O alumnado que non opte pola avaliación continua deberá realizar un exame final, teórico e práctico, sobre tódolos contidos da materia. Este exame será cualificado entre 0 e 10 e esta será a nota final que se obteña. O exame da oportunidade extraordinaria, do mesmo xeito que o exame da convocatoria de fin de carreira, terá unha estrutura similar ao exame final do alumnado que non opte pola avaliación continua. Considérase que a materia está aprobada se a nota final obtida é igual ou superior a 5. No caso de detección de plaxio en calquera das probas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |