Coñecer o funcionamento os servizos clínicos dentro da organización hospitalaria, así como identificar os servizos sanitarios en cada un deles.
Identificar a estrutura e organización da empresa, relacionándoa co tipo de servizo que presta.
Planificar accións informativas destinadas tanto a persoal clínico como técnico, comprobando o desenvolvemento e resultado das mesmas.
Recoñecer as capacidades asociadas á iniciativa emprendedora, analizando os requirimentos derivados dos postos de traballo e das actividades empresariais.
Seleccionar oportunidades de emprego, identificando as diferentes posibilidades de inserción e as alternativas de aprendizaxe ao longo da vida.
Aplicar as estratexias do traballo en equipo, valorando a súa eficacia e eficiencia para a consecución dos obxectivos da organización.
Exercer os dereitos e cumprir as obrigacións que se derivan das súas funcións
Aplicar hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.