Resolución de problemas |
De forma complementaria á exposición dos contidos teóricos iranse expondo e resolvendo diferentes exercicios de aplicación dos mesmos que os alumnos deberán resolver dun modo comprensivo e xustificado. |
Prácticas de laboratorio |
Desde o punto de vista das prácticas a materia cobre dous grandes bloques de actuación, procedimentalmente distintos pero relacionados a través do seu exemplo de aplicación e obxectivos. Por unha banda estaría o proceso de certificación sanitaria do produto e, por outro, a súa protección industrial. A estes engadirase o estudo e práctica da xestión integral da I+D+i sanitaria. Así pois, as prácticas, unha vez concretado e definido un produto do ámbito biomédico, cubrirán estes bloques do modo que segue:
Certificación do Produto:
En grupos, os alumnos da materia, baixo a titorización e control do profesor, deberán definir e desenvolver o proceso documental necesario para certificar un produto sanitario. Deberase concretar a implementación do sistema de calidade e detallar todos os pasos necesarios para concretar a correcta e completa certificación do produto. Así mesmo, poderase revisar o proceso de xestión integral da investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito sanitario.
Protección intelectual e industrial do Produto:
Empregando os mesmos grupos e produto que o bloque anterior, e nas súas mesmas circunstancias, os alumnos da materia deberán documentar o procedemento de protección intelectual e industrial, segundo o caso, describindo e redactando o proceso de protección seguido e analizando en detalle cada unha das súas etapas.
Aínda que o produto sanitario que se empregará como exemplo vehicular deberá ser, preferiblemente, común, de ser preciso, e tras a aceptación e supervisión do profesorado, ambolos dous bloques de prácticas poderían empregar produtos diferentes. |
Prácticas con apoio das TIC |
No desenvolvemento das prácticas da materia os alumnos deberán empregar de forma activa diferentes tecnoloxías da información e a comunicación chegando mesmo a implementar algunha delas. |