Con esta materia preténdese formar ao alumno na selección de ferramentas de modelado e simulación aplicadas aos procesos de deseño e fabricación, atendendo ás circunstancias concretas a ter en conta, no marco da paradigma da Industria 4.0.
A materia facilitará aos alumnos a experiencia do uso de diferentes ferramentas de modelado e simulación de sistemas e compoñentes industriais, permitíndolles observar as súas capacidades e limitacións, concluíndo coa elaboración de comparativas entre diferentes solucións e pregos de especificacións para a selección da proposta óptima.