Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas |
Valorarase o informe de prácticas externas o emitido polo titor académico |
25 |
A7 A8
|
B1
|
C20
|
D2 D6 D7 D8 D9
|
Dado que a xestión de prácticas da UVigo realízase electrónicamente na súa totalidade, o estudante deberá de dispor de firma electrónica certificada, para poder tramitar toda a documentación relativa ás prácticas do master (en particular Anexo I, Anexo III, AnexoVI) antes da oferta de prácticas do master, realizada habitualmente no mes de febreiro de cada curso académico. En cada unha das Convocatorias Oficiais ás que se presente o estudante, Nota de Prácticas Externas calcularase como: Nota Prácticas Externas= 0,75*NotaInformeTutorEmpresa + 0,25*NotaInformeTutorAcadémico O titor académico valorará tanto o Informe de Prácticas entregado polo estudante, segundo Regulamento de Prácticas Externas do MES, como a información extraída dos contactos que o estudante mantivo ao longo das prácticas por correo electrónico, informando as actividades realizadas, incidencias no seu caso, e o seu nivel de satisfacción co desenvolvemento das prácticas. A data límite de entrega da documentación necesaria, que figura no Regulamento de Prácticas Externas do MES, será unha semana antes das datas oficiais de peche de actas fixadas pola Universidade de Vigo en cada unha das Convocatorias Oficiais. Procedemento entrega de documentación: - Informe de Prácticas Externas, entregarase nun cartafol preparado ao efecto na materia en MooVI, con copia ao Coordinador do Máster mes@uvigo.gal.
- Anexo VIN Informe Final do Estudante, asinado con firma electrónica certificada, entregarase nun cartafol preparado ao efecto na materia en MooVI, con copia ao Coordinador do Máster mes@uvigo.gal.
O estudante ten a obrigación de informar cada 15 días do desenvolvemento da estancia de prácticas por correo electrónico á Coordinadora de Prácticas externas (ealbo@uvigo.gal), así como de informar coa debida dilixencia de calquera incidencia que se produza ben á Coordinadora de Prácticas Externas ben ao Coordinador do Máster |