PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación consta de dous tipos de probas : 2 traballos tutelados (35%
cada un) e un exame (30%).
Os traballos tutelados adicanse á enerxía solar térmica e a solar
fotovoltaica. Cada un dos traballos realizarase en grupo. Estes dous traballos deberanse
entregar nas datas marcadas no calendario académico do Master, e posteriormente
ser defendidos mediante unha presentación con preguntas. Cada grupo realizará
unha presentación á que deberán asistir todos os membros do grupo. Valorarase
tanto o documento entregado, a exposición e especialmente as respostas as
preguntas formuladas polo profesorado o rematar a exposición. As preguntas realizaranse
a todos os membros do grupo. Cada traballo terá un valor do 35% da
nota total final. Esta nota valorará o conxunto do traballo presentado ca súa
defensa. Ademais, deberase obter un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 en cada un dos
traballos para poder superar a materia.
Ademais, realizarase unha proba escrita nas datas establecidas polo Master.
Esta proba constará de preguntas tipo test e/ou de resposta curta. A cualificación
mínima nesta proba e de 3,0 sobre 10. De non superar algún dos mínimos, a cualificación final será a mínima entre a media das notas e o 4,0.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os estudantes que non superen a materia na oportunidade de Xuño, poderán
optar a presentarse a oportunidade de Xullo novamente cos Traballos Tutelados
suspensos ou a proba de Resposta Curta, de ter superado os mínimos, o con todas
as probas de avaliación. |