Traballo tutelado |
Valoración dos traballos de tipo práctico realizados polo alumno a proposta do profesor. Esíxese unha nota mínima de 3.5 para aprobar a materia. |
40 |
|
|
C12 C17
|
|
A avaliación continua en primeira oportunidade consta das 3 probas mencionadas. A avaliación continua en segunda oportunidade constará dun exame de tipo teórico-práctico con cuestións curtas e resolución de exercicios de aplicación dos conceptos da materia cun valor do 100% da nota. A avaliación global para os estudantes que renuncien á avaliación continua realízase mediante un exame de toda a materia de tipo teórico-práctico con cuestións curtas e resolución de exercicios de aplicación dos conceptos da materia cun valor do 100% da nota. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0) |