Esta materia ten un carácter multidisciplinar co obxecto de adquirir os coñecementos necesarios para abordar proxectos integrais nos que se teñan que deseñar e proxectar diferentes tipos de instalacións que sexan seguras, eficientes e que cumplan cas normas e o marcado na lexislación.
O obxectivo é dotar aos alumnos de contidos estructurados nos seguintes apartados:
• Introducción. A diversidade de instalacións no ámbito da Enxeñería Industrial.
• Deseño integral de instalacións no ámbito da Enxeñería Industrial.
• Deseño de instalacións eléctricas e iluminación.
• Instalacións eficientes: Aforro e eficiencia enerxética.
• Deseño de instalacións de climatización e ventilación.
• Deseño de instalacións de fluidos.
• Construccións intelixentes: Deseño de comunicacións, domótica e instalacións intelixentes.
• Construccións seguras: Seguridade industrial. Deseño de instalacións de seguridade.
• Normativas e legislación.
Para conseguir o citado obxectivo, as distintas áreas da EEI propoñen traballos multidisciplinares relacionados cas competencias que outorga esta materia.
Debido ao carácter multidisciplinar desta materia, e ao uso e manexo de normativa e legislación nacional e internacional, é necesario dispoñer dun axeitado nivel de inglés. Por iso establécese como requisito acreditar un nivel de inglés B1 ou equivalente.
Esta materia desenvólvese e avalíase totalmente en inglés.