Avaliación Continua (EC, 30%)
Salvo que non haxa tempo, ao longo do cuadrimestre haberá un exame de cada un dos capítulos vistos en clase (Teoría+Práctica).
Exame Final (EF, 70%)
-Sesión Maxistral (40%)
No Exame Final (EF_SM) haberá un bloque de preguntas correspondente a cada un dos capítulos vistos en clase (Teoría+Prácticas)
-Resolución de problemas e/ou exercicios (30%)
No Exame Final (EF_RP) haberá varios problemas correspondentes aos capítulos vistos en clase (Teoría+Prácticas)
Nota Final (NF):
A Nota Final (NF) obterase aplicando a seguinte formula: NF=(NEC+NEF_*M)+NEF_RP
Para aprobar a materia, téñense que cumprir simultaneamente as 3 condicións seguintes:
1.- Que NF=5.0 puntos sobre 10. 2.- Que (NEC+NEF_SM) de cada capítulo, sexa como mínimo igual a 2.1 puntos sobre 7. 3.- Que NEF_RP sexa como mínimo igual a 1.0 puntos sobre 3.
(NF: Nota Final, NEC: Nota Avaliación Continua, NEF_SM: Nota Exame Final Sesión Maxistral, NEF_RP: Nota Exame Final Resolución Problemas)
Datas Exames:
A data dos exames de EC fíxaos o profesor. A data do EF fíxao a dirección da Escola.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que
o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso
(0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante
as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso académico e a
cualificación global será de suspenso (0.0).&*nbsp; |