Avaliación
continua Para superar a materia por avaliación continua, o aluno/a
deberá superar as prácticas, un traballo práctico individual ou en grupo, e o
exame final. Para superar as prácticas, o aluno/a deberá asistir, e
presentar as memorias correspondentes, a aquelas prácticas que sexan
consideradas obrigatorias polo profesorado ao longo do curso. As memorias
presentadas deberán reunir a calidade suficiente a xuízo do profesorado para
poder superar as prácticas. No caso de falta de asistencia ás prácticas
obrigatorias, o aluno/a deberá presentar igualmente as memorias
correspondentes, e ademáis elaborar e aprobar un traballo compensatorio
relacionado con cada práctica á que no asistira, indicado polo profesor/a correspondente. Ademáis, o aluno/a deberá elaborar de forma individual ou en grupo
(o número de persoas será indicado polo profesorado), e expoñer ao final do curso,
un traballo práctico, que será plantexado polo profesor/a correspondente ao comenzo do curso. En caso de aprobar este traballo, a nota obtida suporá
un 20% da calificación total. O aluno/a que teña pendente o traballo práctico da materia,
poderá recuperalo unicamente na convocatoria de xuño. Ademáis, o aluno/a deberá superar o exame final da
materia, cunha parte teórica (60% da nota), composta por un test e/ou preguntas de resposta curta, e outra práctica (exercicios,
40% da nota). Previamente ao exame final farase unha proba de seguemento,
cara á metade do curso, que será liberatoria, da materia incluida nela,
para o exame final. Por tanto, esta proba terá un peso dun 40% na cualificación final para o alumnado que a supere. Esta proba terá unha parte teórica (60% da
nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (exercicios, 40% da nota) Convocatorias oficiais O aluno/a terá que presentarse a un exame final, cunha
parte teórica (60% da nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (exercicios, 40% da nota). O aluno/a que teña superadas as prácticas e o traballo, e que teña superada a proba de seguemento intermedia, fará unha proba reducida
correspondente á materia restante, cunha parte teórica (60% da nota) e outra práctica (exercicios, 40% da nota). O aluno/a que teña superadas as prácticas e o traballo, e non teña superada a proba de seguemento intermedia, fará unha proba reducida correspondente a
todo o contido da materia, cunha parte teórica (60% da nota) e outra
práctica (exercicios, 40% da nota). O aluno/a que non supere as prácticas e/ou non presente o traballo
da materia, fará unha proba con valor do 100% da nota (60% para a parte teórica e 40% para a parte práctica), con independencia de que teña
superada ou non a proba de seguemento intermedia no seu momento. Aclaracións A calificación final calcularase a partires das notas das distintas
probas, tendo en conta a ponderación destas: · Probas: 80% da cualificación final. Faranse dúas probas ao longo
do cadrimestre; cada unha delas terá un peso dun 40% na cualificación final para o alumnado que as supere. · Traballo práctico: 20% da cualificación final. Dentro de cada proba: · Parte teórica: 60% · Parte práctica
(exercicios): 40% De calquer xeito, para superar a materia é condición necesaria
superar tódalas partes sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota
mínima para compensar) e ter unha media de aprobado (nota igual ou superior a
5). Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se acade o valor mínimo de 4, a calificación final será de
suspenso. A xeito de exemplo, un aluno/a que obteña as seguintes
calificacións: 8 e 3, estaría suspenso, aínda que a nota media da un valor
superior a 5, xa que ten unha nota inferior a 4 nunha das partes. Nestes casos, a nota que se reflectirá na acta será "suspenso
(4,0)". Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico
durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de
introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será
considerado motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a calificación global será de “suspenso (0,0)”. Compromiso ético Espérase que o aluno/a presente un comportamento ético
axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o aluno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no presente curso académico será de
“suspenso (0,0)”. |