Para superar a materia, o estudante debe obter 5 puntos sobre 10. Recomendacións:
Os estudantes poderán consultar calquera dúbida relativa ás actividades asignadas ao grupo de traballo ao que pertencen ou a materia vista nas horas presenciais nas horas de titorías ou a través dos medios relacionados no apartado de Atención ao alumno. Os estudantes deben cumprir inexcusablemente os prazos establecidos para as diferentes actividades. Nas diferentes probas aconséllase aos estudantes que xustifiquen todos os resultados que alcancen. Á hora de puntualas non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar á solución proposta.
Durante a realización do exame final os teléfonos móbiles deberán estar apagados e, soamente no caso que se autorice previamente, poderanse utilizar apuntamentos, computadores ou outro material de apoio.
Pautas para a mellora e a recuperación:
No caso de que un alumno non aprobe a materia na convocatoria ordinaria, dispón dunha convocatoria extraordinaria no presente curso académico. A cualificación final correspondente para esta convocatoria extraordinaria obterase como resultado de sumar as seguintes notas 1. - A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na convocatoria ordinaria, cun peso do 10% da cualificación final. 2. - A nota obtida na avaliación do exame final realizado nesta convocatoria extraordinaria coa mesma contextualización que na convocatoria ordinaria.
O peso desta nota é do 90% da cualificación final.
Para aprobar a materia nesta convocatoria extraordinaria é necesario obter unha puntuación final igual ou superior a 5 puntos.
Unha vez acabado o presente curso académico a nota obtida na avaliación do exame final perde a súa validez. A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio manteranse durante o curso académico seguinte ao presente curso, agás que o alumno desexe facelas novamente.
Avaliación de alumnos con renuncia á avaliación continuada:
Os alumnos que lles sexa concedida, de forma oficial polo centro, a renuncia á avaliación continuada, terán que realizar unha proba escrita similar á proba individualizada de resposta longa. A proba terá unha puntuación máxima de 10 puntos. Para superar a materia terase que obter unha nota igual ou superior a 5 puntos.
A proba escrita realizarase ao finalizar o cuadrimestre, nos horarios establecidos pola dirección do centro.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento
ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será
de suspenso (0.0). |