Sesións de laboratorio Nestas sesións, a puntuación sera a mesma para quen estea
no mesmo posto, coa observación sistemática que teña cada persoa
individualmente.
Traballos en grupoNos traballos en grupo, a puntuación do traballo será a mesma para todos
os integrantes do grupo, coa observación sistemática que teña cada
persoa individualmente. Convocatoria ordinaria por avaliación continua A nota que pasará á acta [NAEC] será a suma ponderada das notas de prácticas, do traballo e do exame
NAEC = 0,27 * NP + 0,34 * NT + 0,34 * TP + 0,05 * OS Convocatoria
ordinaria por avaliación global Será necesario presentarse a un exame teórico [NTEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEG], en data a acordar dependendo da disponibilida
de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso.
Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Se
se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a
nota [NPEG] valerá 0.
A nota que pasará á acta [NAEG] será a media de ambos os exames. É dicir:
NAEG = ( NTEG + NPEG ) / 2
Convocatoria extraordinaria por avaliación continuaNesta convocatoria conservarase a nota de prácticas e do traballo da convocatoria
ordinaria , e será necesario facer o exame de preguntas obxectivas [NTE].
A nota que pasará á acta [NAEEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e do exame.
NAEEC = 0,27 * NP + 0,34 * NTE + 0,34 * TP + 0,05 * OS
Convocatoria extraordinaria por avaliación globalSerá necesario presentarse a un exame teórico [NTEEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEEG], en data a acordar dependendo da disponibilida
de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso.
Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos.
Se
se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a
nota [NPEEG] valerá 0. A nota que pasará á acta [NAEEG] será a media de ambos os exames. É dicir:
NAEEG = ( NTEEG + NPEEG ) / 2 Convocatoria fin de carreira Será necesario presentarse a un exame teórico [NTFDC], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPFDC], en data a acordar dependendo da disponibilida
de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso. Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Se
se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a
nota [NPFDC] valerá 0. A nota que pasará á acta [NAFDC] será a media de ambos os exames. É dicir:
NAFDC = ( NTFDC + NPFDC ) / 2 Compromiso ético Espérase que quen curse a materia presente un comportamento ético
correcto. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico
será de suspenso (0.0) e notificarase á dirección do centro para os
efectos oportunos.
|