Exame de preguntas de desenvolvemento |
Primeira das dúas probas escritas da materia (30% cada unha delas) |
30 |
A1 A2
|
|
C7 C8 C24
|
D2
|
A nota final de avaliación da materia será calculada de acordo á seguinte ponderación: - Resolución de casos prácticos: 4 entregas que suporán, cada unha delas, o 10% da nota final (40% en total). A resolución de casos prácticos consistirán en traballos que os alumnos prepararán (individualmente ou en grupo) de maneira presencial durante as clases prácticas. - Exames escritos: dous probas que suporán, cada unha delas, o 30% da nota final (60% en total). Deberá alcanzarse unha nota mínima de 3,5 puntos sobre 10 en cada proba. Mesmo criterio de evaluación que na primeira oportunidade. Manteranse as cualificacións dos casos prácticos e só se repetirán as probas escritas nas que o alumno non alcanzara a nota mínima. Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar, segundo o mecanismo establecido polo centro responsable, a ser avaliado cun exame final único que suporá o 100% da calificación.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). |