Recoméndase ao estudiantado manter un perfil actualizado na plataforma Moovi (fotografía, correo electrónico).
O estudiantado poderán consultar calquera dúbida relativa as actividades asignadas ao grupo de laboratorio / traballo ao que pertencen, ou a materia vista nas horas presenciais, nas horas de tutorías ou a través dos medios relacionados no apartado de "Atención ao alumno".
O estudiantado deben cumprir inexcusablemente os prazos establecidos para as diferentes actividades.
Nas diferentes probas aconséllase que se xustifiquen todos os resultados que consigan. Á hora de puntualas non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar a solución proposta.
Recoméndase, na presentación dos diversos exercicios, non presentar faltas de ortografía e caracteres ou símbolos ilexibles, porque afectarán á puntuación final.
Non se corrixirán os exames aos que lle falte algunha das follas que acompañan ao enunciado.
Durante a realización da proba individualizada non se poderán utilizar apuntamentos, nin libros, e están prohibidos os teléfonos móbiles e todos os seus accesorios (reloxos intelixentes, auriculares, etc). |