O exame final estará composto por unha banda de teoría (15%) e outra de problemas (25%) e será obrigatorio obter unha cualificación mínima de 3,5 sobre 10 entre ambas as probas. A avaliación continua (AC) avaliarase a través do traballo (T) e de 2 probas obxectivas (PO); os que renunciasen oficialmente á AC terán que realizar un cuestionario específico (CE) na primeira oportunidade da convocatoria do curso.
Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), os alumnos que realicen a AC poderá escoller, previamente á realización do examen final, entre conservar a nota de AC ou realizar a CE da segunda oportunidade.
A convocatoria Fin de Carreira avaliarase integramente mediante un exame (100%), é dicir, non se terá en conta a AC do curso anterior.
Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación vixente (RD 1125/2003, do 5 de setembro, BOE do 18 de setembro).
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |