1. Oportunidade ordinaria
1.1 Avaliación continua
- A cualificación final G0 resulta da cualificación de aula A0 (80% da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación de laboratorio L0 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque III.
- A cualificación A0 componse da cualificación de aula C0 (40% da cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios) a realizar durante o curso, e da cualificación de aula F0 (40% da cualificación final), que se obtén dunha proba final teórico-práctica que se celebrará o mesmo día que o exame da oportunidade ordinaria.
- A cualificación L0 componse da cualificación L01 (10% da cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas a realizar durante o curso (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios) sobre os contidos do Bloque III.1, e a cualificación L02 (10% da cualificación final), que se obtén dun informe de prácticas sobre os contidos do Bloque III.2. Ademais, tras cada práctica
do Bloque III.1 se deberá entregar un informe de prácticas. Só os alumnos que
teñan asistido regularmente ao laboratorio e entregado todos os informes de
prácticas do Bloque III.1 poden optar a una cualificación L0 distinta de
"0,0".
- A cualificación final da avaliación continua na oportunidade ordinaria obtense como
G0 = A0 (80%) + L0 (20%) = C0 (40%) + F0 (40%) + L01 (10%) + L02 (10%)
1.2 Avaliación global
- A cualificación G1 resulta da cualificación de aula A1 (80% da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación de laboratorio L1 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque III.1.
- A cualificación A1 componse das cualificacións C1 (40% da cualificación final) e F1 (40% da cualificación final), que se obteñen de probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios).
- A cualificación L1 (20% da cualificación final) obtense dunha proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios).
- A cualificación final da avaliación global na oportunidade ordinaria obtense como
G1 = A1 (80%) + L1 (20%)= C1 (40%) + F1 (40%) + L1 (20%)
2. Oportunidade extraordinaria
- Todos os alumnos, tanto se teñen coma se non teñen concedida a renuncia á avaliación continua, obterán o 100% da súa cualificación final G2 dun exame correspondente á oportunidade extraordinaria.
- A cualificación G2 resulta da cualificación de aula A2 (80% da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación de laboratorio L2 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque III.1.
- A cualificación A2 componse das cualificacións C2 (40% da cualificación final) e F2 (40% da cualificación final), que se obteñen de probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios).
- A cualificación L2 (20% da cualificación final) obtense dunha proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios).
- A cualificación final da avaliación continua ou da avaliación global na oportunidade extraordinaria obtense como
G2 = A2 (80%) + L2 (20%)= C2 (40%) + F2 (40%) + L2 (20%)
3. Características comúns e interconexión entre as alternativas de avaliación
- Na avaliación continua e global correspondente ás oportunidades ordinaria e extraordinaria que se definiron nas seccións anteriores, podemos clasificar as cualificacións equivalentes entre si en tres grupos formados por tres elementos cada un: as cualificacións de aula C0, C1 e C2, as cualificacións de aula F0, F1 e F2 e as cualificacións de laboratorio L0, L1 e L2. Se C é a cualificación válida máis recente das cualificacións C0, C1 e C2, F é a cualificación válida máis recente das cualificacións F0, F1 e F2 e L é a cualificación válida máis recente das cualificacións L0, L1 e L2, a cualificación final G nas oportunidades ordinaria ou extraordinaria, sexa pola vía da avaliación continua ou da avaliación global, obtense como
G =C(40%) + F (40%) + L(20%)
- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter unha cualificación final G igual ou superior a 5 en calquera das alternativas de avaliación.
- Para obter a cualificación final G1 na
oportunidade ordinaria un estudante, con ou sen renuncia a avaliación continua,
poderá optar entre:
a) realizar a parte do exame da oportunidade
ordinaria correspondente ás C1, F1 e/ou L1, que se empregarán na fórmula da
cualificación final da avaliación na oportunidade ordinaria G1.
b) empregar a súa cualificación válida máis
recente de cada tipo (C0, F0 e/ou L0) para substituír, respectivamente, ás
cualificacións C1, F1 e/ou L1 na fórmula da cualificación final da avaliación na
oportunidade extraordinaria G1, non respondendo a parte correspondente do exame
desta oportunidade.
- Para obter a cualificación final G2 na oportunidade extraordinaria un estudante, con ou sen renuncia a avaliación continua, poderá optar entre:
a) realizar a parte do exame da oportunidade extraordinaria correspondente ás cualificacións C2, F2 e/ou L2, que se empregarán na fórmula da cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2.
b) empregar a súa cualificación válida máis recente de cada tipo (C0 ou C1, F0 ou F1 e/o L0 ou L1) para substituír, respectivamente, ás cualificacións C2, F2 e/ou L2 na fórmula da cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2, non respondendo a parte correspondente do exame desta oportunidade.
4. Convocatoria de fin de carreira
- A convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema de avaliación que a oportunidade extraordinaria.
- A avaliación na convocatoria fin de carreira é completamente independente das avaliacións nas oportunidades ordinaria e extraordinaria (en particular, non son de aplicación as características e interconexións descritas na sección anterior).
5. Normas de avaliación complementarias
- Os estudantes que non se
presenten a ningunha das probas (C, F, L) que se realizan o día da proba final,
terán una cualificación de "non presentado" nesa oportunidade.
- Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia e a cualificación final na correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)".
- As probas de avaliación e a súa corrección serán realizadas conxuntamente polo colectivo de profesores que imparten a materia.
- As datas das probas finais en cada oportunidade serán as asignadas pola Dirección da E.E.I..
6. Compromiso ético
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de que se detectase un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación final na correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)".
|