Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B1 |
Que os estudantes desenvolvan as capacidades necesarias para a redacción, dirección e desenvolvemento de proxectos no ámbito da automoción. |
B4 |
Que os estudantes adquiran coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, peritacións, estudos, informes e outros traballos análogos. |
B5 |
Que os estudantes logren a destreza no manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento. |
B8 |
Que os estudantes adquiran capacidade de análise e síntese. |
C2 |
Manexa con habilidade programas informáticos e técnicas de deseño e simulación computacionais para a resolución de problemas no ámbito da enxeñería da automoción. |
C5 |
Posúe e manexa técnicas de desenvolvemento, ensaio e validación de vehículos no ámbito da automoción. |
C8 |
Identifica os elementos mecánicos que compoñen un vehículo e analiza a súa dinámica para comprender o seu comportamento. |
D4 |
Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica. |
D9 |
Motivación pola calidade. |