=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determínen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
As metodoloxías e as probas realizaranse, de ser necesario, adecuándoas aos medios telemáticos que se poñan a disposición do profesorado, ademais da documentación facilitada a través de FAITIC e outras plataformas, correo electrónico, etc.
As exposicións poderán realizarse si é necesario, por medios telemáticos realizándose a través das distintas ferramentas postas a disposición do profesorado.
Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)
Cando non sexa posible de forma presencial, as sesións de tutorías realizaranse mediante videoconferencia (Campus Remoto ou similar) baixo a modalidade de cita previa mediante correo electrónico.
Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Non procede.
Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non é necesaria.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense os pesos e o tipo de probas, unicamente cambia a presencialidade. |