Prácticas con apoio das TIC |
Realización e, eventualmente, entrega do informe correspondente á práctica. Valorarase a calidade, adecuación aos enunciados propostos, e nivel de desenvolvemento dos informes dos traballos prácticos realizados en clase, así como a súa presentación, ordenación e estrutura.
Resultados de Aprendizaxe:
- Adquirir destreza no manexo de ferramentas informáticas para a enxeñaría de deseño e análise do ciclo de vida do produto
|
40 |
|
B1 B6 B9 B10 B11
|
C1 C2 C3 C5 C9 C10
|
|
Estudo de casos |
Valorarase a participación activa nos debates e a proposta de estratexias de solución dos problemas propostos, así como a calidade e o nivel de desenvolvemento das ideas achegadas. |
25 |
|
B1 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11
|
C1 C2 C3 C5 C9 C10
|
|
Exame de preguntas obxectivas |
Probas para a avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos,…). Os alumnos seleccionarán unha resposta de entre un número limitado de posibilidades. Poden ser tanto da parte de explicación teórica como práctica. Os fallos restan a probabilidade de acertar.
Resultados de Aprendizaxe:
- Adquirir capacidades de xestión do ciclo de vida dun produto en proxectos.
- Adquirir destreza no manexo de ferramentas informáticas para a enxeñaría de deseño e análise do ciclo de vida do produto |
20 |
|
B1 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11
|
C1 C2 C3 C5 C9 C10
|
|
Poderanse propoñer actividades complementarias, de carácter voluntario, que complementen a nota calculada en función dos criterios expresados anteriormente. Os alumnos que non superen a materia en formación continua na convocatoria ordinaria terán a posibilidade de presentarse ao exame final. Espérase que a/o alumna/o mostre un comportamento ético adecuado. Se se detectan comportamentos pouco éticos (copias, plaxios, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que a/o alumna/o non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Segundo o tipo de conduta pouco ética detectada, pódese concluír que o alumno non acadou as competencias necesarias para superar esta materia. |