Prácticas con apoio das TIC |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en aulas de informática específicas, provistas do software adecuado. Realizarase un seguimento do traballo dos alumnos para verificar que aplican as boas prácticas expostas nas clases de teoría da materia, e que seguen as recomendacións procedimentais proporcionadas polo profesor.
Para todas as modalidades de docencia contempladas no Plan de Continxencias, as sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC, etc.) baixo a modalidade de concertación previa do lugar virtual, data e hora.
|
|