=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Mantéñense as mesmas metodoloxías docentes, adaptándoas a posibles escenarios semipresenciais ou non presenciais mediante a utilización de Campus Remoto e as ferramentas que dispoña o centro.
En caso de escenarios semipresenciais ou non presenciais, as titorías realizaranse mediante videoconferencia en Campus Remoto.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantense o mesmo tipo de avaliación. Nun escenario semipresencial tratarase na medida do posible de realizala de forma presencial, e cando non sexa posible, con ferramentas telemáticas. Nun escenario non presencial toda a avaliación realizarase de forma telemática. |