=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Lección maxistral
Resolución de problemas
Prácticas de laboratorio
* Metodoloxías docentes que se modifican
Cando non sexa posible a docencia presencial, primarase a impartición das leccións maxistrais y seminarios mediante videoconferencia (Campus Remoto ou similar).
Os contidos de prácticas de laboratorio serán virtualizados, intentando manter a presencialidade sempre que os grupos cumpran coa normativa establecida no momento polas autoridades pertinentes en materia sanitaria e de seguridade.
No caso de non poder ser impartidos de forma presencial, aqueles contidos de prácticas de laboratorio non virtualizables se impartirán ou suplirán por outros (traballo autónomo guiado, etc.) que permitan acadar igualmente as competencias asociados a eles.
* Mecanismo no presencial de atención ao alumnado (titorías)
Cando non sexa posible de forma presencial, as sesións de titorías realizaranse mediante videoconferencia (Campus Remoto ou similar) baixo a modalidade de concertación previa mediante correo electrónico.
* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
Non procede.
* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Siemens SIMATIC Learning and Training documents
https://new.siemens.com/global/en/company/sustainability/education/sce/learning-training-documents.html
=== ADAPTACIÓN DA EVALUACIÓN ===
Mantéñense os pesos e o tipo de probas, adaptando a súa realización ás circunstancias de cada momento.
|