O conxunto de exercicios, e casos serven para avaliar ao alumn@ de maneira obxectiva e detallada sobre os contidos da materia e as competencias adquiridas. Si o alumn@ renuncia a os exercicios do curso, a evaluación comprenderá o estudo dun caso proposto, e unha proba final (exame), pasando o exame a valer o 35% da evaluación. Se podrán plantexar actividades adicionais, de carácter voluntario, que complementen a calificación calculada en base a os criterios expresados anteriormente. Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |