-É conveniente cursar esta materia con coñecementos medios de cálculo de probabilidades, estatística descriptiva e inferencia estatística. Tamén é recomendable ter habilidades medias no uso de ordenadores, especialmente linguaxes de programación e de software estatístico (esencialmente R).
-Recoméndase acudir á asignatura cun alto nivel de interese polos resultados matemáticos relacionados coa Mostraxe.
- Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido na normativa respectiva das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas.
- Esta guía e os criterios e metodoloxías descritos nela están suxeitos a modificacións derivadas da normativa e directrices das universidades participantes no Máster en Técnicas Estatísticas. |