O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. Con independencia do sistema de avaliación elixido, poderá sempre optar á máxima cualificación. a. Avaliación da Parte I: os contidos desta parte avaliaranse
ca entrega de follas de exercicios e/ou proba obxectiva podendo obter un máximo
de 4 puntos b. Avaliación da Parte II: os contidos desta parte
avaliaranse ca entrega de follas de exercicios, podendo obter un máximo de 3,5 puntos;
e, cunha proba obxectiva podendo obter
un máximo de 4 puntos. c. Asistencia a clase
obligatoria d. Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a
ser avaliado cunha proba final que suporá o 100% da cualificación. Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. |