O MAiE segue un sistema de avaliación continua. Os alunos/as poderán superar a materia por avaliación continua presentando e superando os traballos encomendados polo profesor (4 traballos, que suman o 70% da calificación, a razón dun 17,5% cada un) e superando un exame de preguntas obxectivas (30% da calificación) que se fará na última hora de clase da materia. Aqueles alunos/as que non cumpran algunha destas condicións ou non acaden o 50% da cualificación na avaliación continua, terán que acudir á convocatoria oficial. Nas convocatorias oficiais esixirase un exame que avaliará tanto os coñecementos teóricos como prácticos da materia, polo que incluirá cuestións teóricas e exercicios ou casos prácticos. Con independencia da
convocatoria (ordinaria ou segunda oportunidade), alternativamente ao sistema de
avaliación continua, o aluno/a poderá optar a ser avaliado/a cun exame final
que suporá o 100% da calificación. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Comisión Académica do Máster para o curso académico correspondente. Nembargantes, o calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún imprevisto. As datas
dos exames
poderanse consultar no Calendario Docente do MAiE (Dispoñible en
MooVi no
Espazo Común e na web do MAiE: http://maiersc.webs.uvigo.es/). Observación: Calquera evidencia de traballos ou probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias. |